CRTVG

Buscar

Programación

    • Galicia: 08:10 h
    • GMT: 06:10 h
    • Portugal: 07:10 h

    AS NOSAS RÚAS: Ferrol (Espartero e Mac Mahón)

    Programa que narra a historia das persoas que deixaron a súa pegada nas rúas de Galicia.
    • Galicia: 08:30 h
    • GMT: 06:30 h
    • Portugal: 07:30 h

    VAIA TROULA. ALFOMBRA G: VAIA TROULA. ALFOMBRA G 15

    Programa festeiro que trasladará o seu particular photocall e a súa propia alfombra vermella aos eventos máis salientables e multitudinarios. 'Vaia Troula-Alfombra G' estará hoxe centrado no día do Carme e percorrerá as procesións máis importantes na honra patroa dos mariñeiros.
    • Galicia: 09:30 h
    • GMT: 07:30 h
    • Portugal: 08:30 h

    NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1930

    Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
    • Galicia: 09:45 h
    • GMT: 07:45 h
    • Portugal: 08:45 h

    POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 548

    O campamento diocesano de Mondoñedo-Ferrol naceu no ano 1978. Dende entón miles de nenos e centos de monitores non só compartiron tempo libre senón que tamén crearon unha verdadeira familia arredor da fe.
    • Galicia: 10:00 h
    • GMT: 08:00 h
    • Portugal: 09:00 h

    SANTA MISA: SANTA MISA V 394

    • Galicia: 10:30 h
    • GMT: 08:30 h
    • Portugal: 09:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 25.08.2024

    Presenta Chus Tanoira.
    • Galicia: 11:00 h
    • GMT: 09:00 h
    • Portugal: 10:00 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1150

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
    • Galicia: 11:25 h
    • GMT: 09:25 h
    • Portugal: 10:25 h

    GRAZAS!: GRAZAS! 7

    Dous guías caninos contan como é o seu labor. Isabel e Alejandro sobreviviron ao accidente do Costa Concordia e Antonio perdeuse unha semana no deserto do Sáhara. Di o dito popular que o can é o mellor amigo do ser humano. Hoxe, isto é moito máis cunha frase xa que visitarán o estudio de ‘Grazas!’ Adrián e Alejandro, dous guías caninos, e Endy, un can que salva vidas. Tamén contarán coa presenza de Isabel e Alejandro, sobreviventes do naufraxio do Costa Concordia nas costas de Italia en que faleceron máis d
    • Galicia: 12:35 h
    • GMT: 10:35 h
    • Portugal: 11:35 h

    AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN

    Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. 'Aquí Galicia' dalles a benvida hoxe aos espectadores desde a Festa da Empanada de Bandeira. Amais proporá unha viaxe no tempo pola Festa do Esquecemento en Xinzo e a troula do Entroido de Verán de Redondela.
    • Galicia: 14:25 h
    • GMT: 12:25 h
    • Portugal: 13:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.08.2024

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
    • Galicia: 15:20 h
    • GMT: 13:20 h
    • Portugal: 14:20 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.08.2024

    • Galicia: 15:30 h
    • GMT: 13:30 h
    • Portugal: 14:30 h

    CASAMOS!: A historia de amor de Andrea e Jorge

    As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables volven achegarse ás pantallas da Galega. En cada unha destas entregas verán a ilusión de moitas parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado, as declaracións de amor máis románticas, os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares, as expectativas, conflitos e ilusións dos noivos protagonistas. Andrea e Jorge, dous mozos de Lugo que levan dez anos xuntos, celebran unha
    • Galicia: 16:30 h
    • GMT: 14:30 h
    • Portugal: 15:30 h

    XUNTOS NO VERÁN: XUNTOS NO VERÁN 12

    Presentado por Rocío Delgado, ofrece cada domingo toda a actualidade do estío galego, con conexións en directo, reportaxes, entrevistas e moita música. O programa visita hoxe a Festa do Porquiño á Brasa de Amil, Moraña e a Romaría do Esquecemento de Xinzo de Limia.
    • Galicia: 19:10 h
    • GMT: 17:10 h
    • Portugal: 18:10 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Quiroga

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O carteiro dirixe hoxe os seus pasos cara a Quiroga, para ir ao encontro de Alejandro Álvarez, historiador e técnico de Turismo. Na súa compaña, o programa visitará dous lugares singulares desta localidade: o Museo Xeolóxico e o túnel de M
    • Galicia: 20:15 h
    • GMT: 18:15 h
    • Portugal: 19:15 h

    FAKE NEWS: FAKE NEWS 16

    Dani Polo chega a Betanzos na procura de concursantes dispostos a gañar cartos. O reto está en diferenciar a información verdadeira da falsa para obter 20 euros por cada acerto e ata 100 euros por participante.
    • Galicia: 20:55 h
    • GMT: 18:55 h
    • Portugal: 19:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
    • Galicia: 21:45 h
    • GMT: 19:45 h
    • Portugal: 20:45 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 25.08.2024

    • Galicia: 22:00 h
    • GMT: 20:00 h
    • Portugal: 21:00 h

    ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA 44

    Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Sen ninguén que o pare, o bote do 'Atrápame se podes, chanzo arriba' chega aos 40.000 €. Alexia, de Vilagarcía de Arousa; Antonio, de Lugo; Sol, de Vigo; Gonzalo, de Vilanova de Arousa, e Yolanda, de Arteixo, intentarán nesta ocasión que deixe de medrar. De non logralo, un deles levará os 200 € do petisco.
    • Galicia: 22:40 h
    • GMT: 20:40 h
    • Portugal: 21:40 h

    VAIA TROULA. ALFOMBRA G: VAIA TROULA. ALFOMBRA G 16

    Programa festeiro que trasladará o seu particular photocall e a súa propia alfombra vermella aos eventos máis salientables e multitudinarios. 'Vaia Troula-Alfombra G' estará hoxe centrado no día do Carme e percorrerá as procesións máis importantes na honra patroa dos mariñeiros.
    • Galicia: 23:50 h
    • GMT: 21:50 h
    • Portugal: 22:50 h

    COMISIÓN DE FESTAS: O Carme de Aldán

    A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. O programa diríxese hoxe cara a ría de Aldán, no concello de Cangas. Como boa vila mariñeira, as súas festas van dedicadas á virxe do Carme, á patroa das xentes do mar. Unha comisión experta ten por diante o reto de organizar un festexo ao que non lle falta de nada: unha paella multitudinaria, bingo, atraccións, orquestras e a tradicional procesión en que a virxe percorre a vila.
    • Galicia: 00:50 h
    • GMT: 22:50 h
    • Portugal: 23:50 h

    CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 8

    O programa recibe hoxe a Florentino Cacheda, un deseñador que puxo a Galicia no mapa da moda desde a súa fábrica de Lalín. Con el falarase da vaidade e establecerase un debate sobre este pecado co actor Manuel Manquiña.
    • Galicia: 01:50 h
    • GMT: 23:50 h
    • Portugal: 00:50 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
    • Galicia: 02:40 h
    • GMT: 00:40 h
    • Portugal: 01:40 h

    SALA G: A ORQUESTRA REVELACIÓN DO 2024

    Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. Catro orquestras galegas enfrontaranse no programa ‘A Sala G’, presentado por Arturo Fernández, para escoller o grupo revelación deste ano. Cada unha delas conta con elementos que a fan destacar: a Kubo, que presume de ter o escenario máis grande de Europa; a Marbella, que conta con gran can
    • Galicia: 04:25 h
    • GMT: 02:25 h
    • Portugal: 03:25 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Quiroga

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia.
  • En emisión

    en emisión

    XUNTOS NO VERÁN: XUNTOS NO VERÁN 12

    Presentado por Rocío Delgado, ofrece cada domingo toda a actualidade do estío galego, con conexións en directo, reportaxes, entrevistas e moita música.
    • Galicia: 07:55 h
    • GMT: 05:55 h
    • Portugal: 06:55 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 25.08.2024