Galicia TV America - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Argentina: 02:00 h
Brasil: 02:00 h
Mexico: 00:00 h
DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS 8
Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. O programa vive desde A Guarda o ambiente das Festas do Monte. Hoxe recibirán a visita de membros da Organización de Palangreros Guardeses e coñecerase a historia de María Alonso, entre outros temas.
Galicia: 07:55 h
GMT: 05:55 h
Argentina: 02:55 h
Brasil: 02:55 h
Mexico: 00:55 h
DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS 10
Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. Con motivo da Mostra Folclórica Internacional de Viveiro, o magazine conversa nesta localidade con Maricarmen López ‘Chipe’, presidenta da Asociación Bágoas da Terra, que organiza o evento, e con Alonso Vale, un pasteleiro que elabora unhas tortas únicas na zona.
Galicia: 08:55 h
GMT: 06:55 h
Argentina: 03:55 h
Brasil: 03:55 h
Mexico: 01:55 h
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1223
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
Galicia: 10:30 h
GMT: 08:30 h
Argentina: 05:30 h
Brasil: 05:30 h
Mexico: 03:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 09.08.2026
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Argentina: 06:00 h
Brasil: 06:00 h
Mexico: 04:00 h
SEGREDOS DA ECLIPSE
Con motivo da eclipse solar do 12 de agosto de 2026, 'Segredos da eclipse' descobre as historias humanas e científicas que se agochan tras estes fenómenos cósmicos.
Galicia: 11:40 h
GMT: 09:40 h
Argentina: 06:40 h
Brasil: 06:40 h
Mexico: 04:40 h
COLLE PAN E MOLLA: Festa dos Callos de Meis
Espazo que percorre algunhas das festas gastronómicas máis emblemáticas de Galicia, da man de Eddy Insua e Violeta Crespo. 'Colle pan e molla' achega a multitudinaria Festa dos Callos de Meis. Eddy e Violeta trasládanse hoxe ás Rías Baixas para vivir a 34 edición deste evento, coñecer os segredos deste prato e mesmo competir pola mellor elaboración.
Galicia: 12:05 h
GMT: 10:05 h
Argentina: 07:05 h
Brasil: 07:05 h
Mexico: 05:05 h
EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA: EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA 18
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen este programa, en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións.
Galicia: 13:10 h
GMT: 11:10 h
Argentina: 08:10 h
Brasil: 08:10 h
Mexico: 06:10 h
A VOLTAS CO PRATO: Hai coco? xa me desboco!
Xulio Mato prepara xeado cremoso de coco na súa casca. Lucía Vázquez cociña torta cremosa de coco e nata.
Galicia: 13:50 h
GMT: 11:50 h
Argentina: 08:50 h
Brasil: 08:50 h
Mexico: 06:50 h
A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 09.08.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
Galicia: 13:55 h
GMT: 11:55 h
Argentina: 08:55 h
Brasil: 08:55 h
Mexico: 06:55 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 09.08.2026
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 14:25 h
GMT: 12:25 h
Argentina: 09:25 h
Brasil: 09:25 h
Mexico: 07:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.08.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
Galicia: 15:10 h
GMT: 13:10 h
Argentina: 10:10 h
Brasil: 10:10 h
Mexico: 08:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.08.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 15:35 h
GMT: 13:35 h
Argentina: 10:35 h
Brasil: 10:35 h
Mexico: 08:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.08.2026
Galicia: 15:40 h
GMT: 13:40 h
Argentina: 10:40 h
Brasil: 10:40 h
Mexico: 08:40 h
SANTA MISA: SANTA MISA VII 485
Galicia: 16:10 h
GMT: 14:10 h
Argentina: 11:10 h
Brasil: 11:10 h
Mexico: 09:10 h
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 650
Programa relixioso.
Galicia: 16:25 h
GMT: 14:25 h
Argentina: 11:25 h
Brasil: 11:25 h
Mexico: 09:25 h
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2032
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. 'Nacer de Novo' remata este domingo a celebración dos seus 2.000 programas cunha edición especial dunha hora de duración.
Galicia: 16:40 h
GMT: 14:40 h
Argentina: 11:40 h
Brasil: 11:40 h
Mexico: 09:40 h
TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 27
Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. O actor e humorista galego Carlos Blanco, protagonista nun ‘Tarde piaches’, que abranguera tamén a celebración da próxima eclipse solar total.
Galicia: 20:50 h
GMT: 18:50 h
Argentina: 15:50 h
Brasil: 15:50 h
Mexico: 13:50 h
A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 09.08.2026
Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Argentina: 15:55 h
Brasil: 15:55 h
Mexico: 13:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 09.08.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:45 h
GMT: 19:45 h
Argentina: 16:45 h
Brasil: 16:45 h
Mexico: 14:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 09.08.2026
Galicia: 21:55 h
GMT: 19:55 h
Argentina: 16:55 h
Brasil: 16:55 h
Mexico: 14:55 h
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? II 14
Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada. O Furancho O Pilón acollerá hoxe as primeiras interpretacións da temporada, en que se porá a proba o grupo +Q Cantigas, as Cantareiras Bulideiras e A banda do Sequío. O xurado permanente que avaliará a competición estará formado por Xurxo Fernandes, un dos maiores expertos na música tradicional galega, e Samuel González, guitarra e voz do grupo indie de The Rapants; mentres que a madriña destas tres formacións e que formará parte do xurado, será a cantautora Antía Muíño.
Galicia: 21:55 h
GMT: 19:55 h
Argentina: 16:55 h
Brasil: 16:55 h
Mexico: 14:55 h
COS PÉS NA TERRA
Programa dedicado ás persoas que apostan polo rural como medio de vida, traballando no campo con proxectos que abranguen os ámbitos máis variados.
Galicia: 22:55 h
GMT: 20:55 h
Argentina: 17:55 h
Brasil: 17:55 h
Mexico: 15:55 h
CASAMOS!: Aitana e Jony
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa 'Casamos!'. En cada unha das entregas, vese a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado e as vodas. Os espectadores de 'Casamos!' descubrirán hoxe a ledicia e a esencia das vodas xitanas no enlace de Aitana e Jony. Preparan unha celebración por todo o alto que reunirá máis de 400 convidados e en que non faltarán as tradicións, a emoción e o espectáculo.
Galicia: 00:05 h
GMT: 22:05 h
Argentina: 19:05 h
Brasil: 19:05 h
Mexico: 17:05 h
CASAMOS!: Miriam e Enrique
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables volven achegarse ás pantallas da Galega. En cada unha das entregas de 'Casamos!', os espectadores poden ver a ilusión de moitas parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado, as declaracións de amor máis románticas, os nervios dos preparativos nupciais, as opinións e desexos de amigos e familiares, as expectativas, conflitos e ilusións dos noivos protagonistas. Outra historia en que triunfa o amor, a de Miriam e Enrique, hoxe no programa 'Casamos!'. Os espectadores verán como a parella, de etnia xitana, intenta vencer as dificultades para preparar o seu enlace con todos os detalles.
Galicia: 00:55 h
GMT: 22:55 h
Argentina: 19:55 h
Brasil: 19:55 h
Mexico: 17:55 h
COLLE PAN E MOLLA: Festa do Pemento de Herbón
Espazo que percorre algunhas das festas gastronómicas máis emblemáticas de Galicia, da man de Eddy Insua e Violeta Crespo. Eddy Insua e Violeta Crespo viven e aprenden hoxe todo sobre o produto estrela da Festa do Pemento de Herbón.
Galicia: 01:30 h
GMT: 23:30 h
Argentina: 20:30 h
Brasil: 20:30 h
Mexico: 18:30 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 09.08.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 02:20 h
GMT: 00:20 h
Argentina: 21:20 h
Brasil: 21:20 h
Mexico: 19:20 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 09.08.2026
Galicia: 02:30 h
GMT: 00:30 h
Argentina: 21:30 h
Brasil: 21:30 h
Mexico: 19:30 h
TALENTOS EXTRAORDINARIOS: TALENTOS EXTRAORDINARIOS 8
Chega á TVG 'Talentos Extraordinarios', o concurso que busca as persoas máis sorprendentes e habilidosas do noso país. Laura Boado presenta esta nova proposta de entretemento familiar, acompañada por Antonio Garrido, María Mera e David Perdomo como xurado. ‘Talentos extraordinarios' busca entre os aspirantes de hoxe os últimos finalistas para a semana que vén. Un mariachi, un ventrílocuo, un gaiteiro innovador, un grupo de regueifeiras e outro de pequenos bailaríns, entre outros, participarán na última rolda clasificatoria antes da gran final.
Galicia: 04:10 h
GMT: 02:10 h
Argentina: 23:10 h
Brasil: 23:10 h
Mexico: 21:10 h
FESTA NA BAIUCA
Docushow que retrata a troula característica dos bares de praia máis famosos de Galicia e a vida cotiá dos areais que acollen estes establecementos. Desta vez o programa visitará as praias de Cabío, na Pobra do Caramiñal, e de Cabodeiro, na Illa de Arousa, para retratar a oferta de dous establecementos con moita marcha, sen esquecer a parada obrigada nestes dous areais, tranquilos, familiares e moi concorridos no verán.
Galicia: 05:00 h
GMT: 03:00 h
Argentina: 00:00 h
Brasil: 00:00 h
Mexico: 22:00 h
PRATOS COMBINADOS: A dieta de Pereira
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Un malentendido 'telefónico' provoca os celos de Miro e a súa sospeita de que Balbina o está engañando. Para reconquistar o amor da súa muller, o dono do Bar Suízo intentará darlle un xiro á súa vida, empezando por poñerse a dieta.
Galicia: 06:05 h
GMT: 04:05 h
Argentina: 01:05 h
Brasil: 01:05 h
Mexico: 23:05 h
PRATOS COMBINADOS: O baile
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O Bar Suízo vai acoller uns cursos de baile de salón, pero non todos os integrantes da familia están de acordo coa idea. Miro e Antón comenzarán a argallar unha idea para impedir que eses cursos se celebren no bar.
Galicia: 06:10 h
GMT: 04:10 h
Argentina: 01:10 h
Brasil: 01:10 h
Mexico: 23:10 h
PRATOS COMBINADOS: Un pai a medida
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro Pereira demostrará que todo o mundo o require, aínda que non sexa para as cousas que el desexaría.
Galicia: 06:30 h
GMT: 04:30 h
Argentina: 01:30 h
Brasil: 01:30 h
Mexico: 23:30 h
PRATOS COMBINADOS: Enquisas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina está aburrida de traballar no bar, e quere ampliar o seu panorama laboral. Para iso buscará traballo fóra, malia a oposición do seu home. Finalmente, conseguirá un traballo para facer enquisas, mentres Miro porá en marcha un plan para conseguir que Balbina abandone o traballo e regrese ao bar.