Galicia TV America - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Argentina: 02:00 h
Brasil: 02:00 h
Mexico: 00:00 h
ESTACHE BO!: Xarda con mexillóns en salsa verde
Espazo gastronómico presentado por Xoanqui Ameixeiras, un cociñeiro próximo e familiar que amosa en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor.
Galicia: 07:30 h
GMT: 05:30 h
Argentina: 02:30 h
Brasil: 02:30 h
Mexico: 00:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO IV 202
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' conversa coa ONCE, que festexa o 40 aniversario da TVG cun cupón para o 22 de xullo, e fala da conciliación familiar, entre outros temas.
Galicia: 09:30 h
GMT: 07:30 h
Argentina: 04:30 h
Brasil: 04:30 h
Mexico: 02:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 19.07.2025
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 10:15 h
GMT: 08:15 h
Argentina: 05:15 h
Brasil: 05:15 h
Mexico: 03:15 h
FANÁTICOS: FANÁTICOS DE BAD GYAL
Espazo divertido e cheo de ritmo, en que o influencer ribeirense Juan Sieira percorre os grandes festivais de verán en Galicia cunha misión moi clara: entregar a pandeireta oficial do programa a artistas de primeiro nivel. Pero achegarse a eles non sempre será doado… Na súa primeira aventura, ‘Fanáticos’ viaxa ata o festival O Son do Camiño, onde o protagonista intentará atopar a Bad Gyal, unha das figuras máis destacadas da música urbana en España.
Galicia: 10:40 h
GMT: 08:40 h
Argentina: 05:40 h
Brasil: 05:40 h
Mexico: 03:40 h
LABRANZA: LABRANZA 1694
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
Galicia: 11:30 h
GMT: 09:30 h
Argentina: 06:30 h
Brasil: 06:30 h
Mexico: 04:30 h
CONFIDENCIAS: Sonsoles Ónega
O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. A escritora e xornalista Sonsoles Ónega visita o espazo para debater sobre a concordia.
Galicia: 12:50 h
GMT: 10:50 h
Argentina: 07:50 h
Brasil: 07:50 h
Mexico: 05:50 h
A GRANDE EPOPEA DE GALICIA: A GRANDE EPOPEA DE GALICIA II 14
Centos de milleiros de galegos protagonizaron, ao longo dun século, un éxodo colectivo de proporcións colosais. Embarcaron cara a América coa maleta baleira, o corazón encollido e a cabeza inflamada de ilusións na procura dun futuro mellor. Non todos o lograron, mais todos contribuíron a forxar unha gran xesta que cambiou o curso da nosa historia. 'A grande epopea de Galicia' narrará e documentará este sábado a historia da emigración galega a México.
Galicia: 13:55 h
GMT: 11:55 h
Argentina: 08:55 h
Brasil: 08:55 h
Mexico: 06:55 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 19.07.2025
Presenta Alberto Mancebo.
Galicia: 14:25 h
GMT: 12:25 h
Argentina: 09:25 h
Brasil: 09:25 h
Mexico: 07:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.07.2025
Presenta Raquel Domínguez.
Galicia: 15:10 h
GMT: 13:10 h
Argentina: 10:10 h
Brasil: 10:10 h
Mexico: 08:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.07.2025
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 15:30 h
GMT: 13:30 h
Argentina: 10:30 h
Brasil: 10:30 h
Mexico: 08:30 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.07.2025
Galicia: 17:50 h
GMT: 15:50 h
Argentina: 12:50 h
Brasil: 12:50 h
Mexico: 10:50 h
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRAPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA
O ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ acumula no seu bote 5.200 €, que están desexando ser gañados por un dos cinco concursantes de hoxe: Martiño de Arzúa, Anxo de Santa Comba, Andrea de Camelle, Elena de Vila de Cruces e Antón de Cangas. No "Minuto final" vaise decidir se un deles logra facerse co premio ou se se ten que conformar co petisco de 200 €. O bote ascende a 4.800 € neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Os cinco que loitan hoxe por el son Antón, de Cangas; Martiño, de Arzúa; Anxo, de Santa Comba; Andrea, de Camelle, e mais Elena, de Vila de Cruces.
Galicia: 18:40 h
GMT: 16:40 h
Argentina: 13:40 h
Brasil: 13:40 h
Mexico: 11:40 h
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 35
Desta vez o presentador Dani Polo visita a localidade de Lalín para propoñer o reto de converter as loiadas en cartos. Cinco concursantes someteranse a unha sinxela proba de coñecemento para tentar gañar os 100 euros que están en xogo.
Galicia: 19:25 h
GMT: 17:25 h
Argentina: 14:25 h
Brasil: 14:25 h
Mexico: 12:25 h
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 679
Galicia: 19:35 h
GMT: 17:35 h
Argentina: 14:35 h
Brasil: 14:35 h
Mexico: 12:35 h
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 20:45 h
GMT: 18:45 h
Argentina: 15:45 h
Brasil: 15:45 h
Mexico: 13:45 h
BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 2
A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', o novo show en que cada domingo compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este novo espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla.
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Argentina: 15:55 h
Brasil: 15:55 h
Mexico: 13:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 19.07.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:50 h
GMT: 19:50 h
Argentina: 16:50 h
Brasil: 16:50 h
Mexico: 14:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 19.07.2025
Galicia: 23:10 h
GMT: 21:10 h
Argentina: 18:10 h
Brasil: 18:10 h
Mexico: 16:10 h
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 14
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
Galicia: 00:45 h
GMT: 22:45 h
Argentina: 19:45 h
Brasil: 19:45 h
Mexico: 17:45 h
FAKE NEWS: FAKE NEWS II 35
Galicia: 01:30 h
GMT: 23:30 h
Argentina: 20:30 h
Brasil: 20:30 h
Mexico: 18:30 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 19.07.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
Galicia: 01:40 h
GMT: 23:40 h
Argentina: 20:40 h
Brasil: 20:40 h
Mexico: 18:40 h
HISTORIAS DE AQUÍ: HAI UNHA GALEGA NA NASA
Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos.
Galicia: 02:20 h
GMT: 00:20 h
Argentina: 21:20 h
Brasil: 21:20 h
Mexico: 19:20 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 19.07.2025
Galicia: 02:20 h
GMT: 00:20 h
Argentina: 21:20 h
Brasil: 21:20 h
Mexico: 19:20 h
CHEGOU O DÍA: CHEGOU O DÍA 3
Laura Vaqueiro conduce este novo espazo, que durante todo o verán se situará no epicentro das festas, romarías e celebracións máis populares de Galicia. Avance en que os espectadores que poderán ver os momentos previos á saída das procesións de Camariñas, Cariño e Foz, tres das localidades galegas con maior tradición da festividade do Carme.
Galicia: 03:35 h
GMT: 01:35 h
Argentina: 22:35 h
Brasil: 22:35 h
Mexico: 20:35 h
SETE CUNCAS: SETE CUNCAS 14
Selección dos mellores momentos que acontecen nos magazines da Galega.
Galicia: 05:45 h
GMT: 03:45 h
Argentina: 00:45 h
Brasil: 00:45 h
Mexico: 22:45 h
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.